Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúan as restricións do uso da auga en Viveiro

Continúan as restricións do uso da auga en Viveiro

As limitacións levan activas dende que se detectou a vertedura de xurro no río Ladro o sábado pasado

As autoridades agardan por novas análises que aseguren o bo estado das augas

Un dos veciños recollendo auga na cisterna
G24.gal 10/06/2025 10:54

O Concello de Viveiro comunicou aos seus habitantes que as restricións do uso da auga polo vertido de xurro no río Ladro seguen activas no día de hoxe. Segundo o Consistorio, tomouse esta decisión agardando unha última análise que poida "garantir a seguridade dos veciños".

Esa situación leva así dende o pasado sábado, cando o Concello estableceu unha serie de restricións logo de detectar 1000 metros cúbicos de xurro nun regato. A auga da traída non se debe inxerir, nin utilizar para hixiene bucodental.

Este luns xa se retiraron os dispositivos de emerxencias e durante a noite recolléronse mostras de auga para as analíticas correspondentes. 

Nuns primeiros parámetros, a auga cumpría cos requisitos e os parámetros establecidos, mais por precaución decidiron manter as restricións ata obter novas análises

Informan tamén de que as cisternas que están en Covas e na travesía da Mariña seguirán neses puntos ata o levantamento total das restricións. 

A alcaldesa, Mariña Gueimunde, agradeceu o labor dos servizos de emerxencia e pediu calma aos veciños: "A prioridade e garantir a calidade da auga e a seguridade da poboación".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade