Publicador de contidos
Publicador de contidos

Localizan con vida o home que desaparecera dun centro de maiores en Cambre

Localizan con vida o home que desaparecera dun centro de maiores en Cambre

O desaparecido foi atopado nunha zona boscosa e de difícil acceso de Cecebre

O desaparecido foi localizado polo helicóptero do servizo aéreo da Garda Civil O desaparecido foi localizado polo helicóptero do servizo aéreo da Garda Civil
G24.gal 20/05/2024 11:21

A Garda Civil localizou con vida o home de 81 anos que desaparecera de forma voluntaria dun centro de maiores en Cambre.

Segundo informou a Garda Civil, o home foise da residencia o domingo e foi localizado este luns ás 10:15 horas.

Foi o helicóptero do servizo aéreo da Garda Civil o que o localizou nunha zona boscosa e de difícil acceso en Cecebre.

O home, que precisaba medicación debido á enfermidade de párkinson que sofre, foi trasladado a un hospital.

No operativo de procura participaron, ademais de Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar