Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan un ciclista morto nunha pista forestal de Monforte de Lemos

Atopan un ciclista morto nunha pista forestal de Monforte de Lemos

O home saíra a andar en bicicleta este xoves e non regresara ao seu domicilio

O cadáver apareceu contra a medianoite na serra do Fabeiro

G24.gal 13/06/2025 09:20

Aparece morto un ciclista que buscaban desde este xoves en Monforte de Lemos. O seu corpo foi localizado nunha pista forestal da serra do Fabeiro.

Familiares e veciños levaban desde onte buscándoo, despois de que un veciño contactara co 112 para informar de que saíra en bicicleta pola tarde e non volvera á casa.

Pasada a medianoite, un dos alertadores confirmoulle ao 112 a localización do cadáver. Ata o lugar desprazouse o 061, que certificou o falecemento.

No operativo participaron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Nacional, a Local e voluntarios de Protección Civil de Monforte de Lemos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade