Cargando resultados...
Os veciños de Cangas queren que se arranxe o lavadoiro de Fonte Ferreira
Hai lixo, pingueiras, ouriños e pintadas nese elemento patrimonial
G24.gal
19/05/2022 13:30
Pingueiras, restos de comida, pintadas e lixo... así está o histórico lavadoiro de Fonte Ferreira a escasos metros da Colexiata de Cangas. Na zona hai tamén catro colectores de lixo que estragan a perspectiva. Malia todo segue sendo un punto de encontro para lavar alfombras, sabas e roupa en xeral, tamén para coller auga, moi prezada na contorna.
As persoas que veñen todos os días son as que máis sofren as pingueiras e o lixo dos que paran para comer ou facer 'botellón'. O que máis enerva os veciños é que o concello acaba de rotulala como patrimonio municipal.