Lis Franco, pioneira e semente do fútbol feminino
Lis xogou en 1983 o primeiro partido da selección, un España-Portugal na Guarda
Detrás do éxito do fútbol feminino hai un equipo. Febreiro de 1983, primeiro partido oficial da selección feminina.
Naquel once titular había cinco galegas: Inma Castañón, Ángeles Olmo, Aurora Martínez, Encarna Pérez e Lis Franco.
Moito acento galego tivo o once inicial da primeira selección española, a que xogou na Guarda contra Portugal. Todas do histórico Karbo da Coruña. Lis Franco é unha desas pioneiras que golpeaban con xeito o balón cando aínda moitos vían o fútbol feminino coma algo excéntrico
O Karbo coruñés chegou a campión de España e agromou a selección predecesora da que hoxe, corenta anos despois, é campioa do mundo
"Igual eu tamén fixen algo por todo isto".
Un éxito ao que Teresa Abelleira achegou ese acento que un día puxeron Lis e as súas compañeiras. E xa que de fútbol galego se fala, non remata a conversa sen expresar un desexo
"Faría un chamamento ao Celta para que se poida xogar un derbi tan bonito na categoría feminina".
Máis difícil parecía, comenta, que algún día que España fose campioa do mundo.