Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lino López agarda unha Sportiva Azores Airlines "dura e física"

Lino López agarda unha Sportiva Azores Airlines "dura e física"

O partido da Eurocup comeza ás 20:00 horas horas e será ofrecido pola G2 e AGalega.gal

G24.gal 22/10/2024 17:22 Última actualización 22/10/2024 17:35

Como alumnas avantaxadas, pese ao tute que supón compaxinar a súa participación na Liga Feminina Endesa e na segunda competición continental, as xogadoras do Baxi estiran ao máximo a goma e non dubidan en exercitarse de maneira voluntaria e extra sempre que as forzas o permitan. Algo que non pasa por alto o técnico e director deportivo, que mide e calibra moitísimo á hora de fichar.

"Cando fichamos xogadoras, fichamos perfís que sexan adestrables, que sexan boas persoas e que queiran crecer co equipo", destaca.

Ademais, tampouco esconde Lino López, encargado dunhas rotacións milimétricas coas que equilibrar un calendario caótico, o seu orgullo pola predisposición que están a mostrar as que menos minutos están a ter.

"Ademais, nunha tempada, a que xoga poucos minutos pode estar enfadada; aquí é ao revés. É a que vén adestrar máis ou quere facer traballo extra porque non tivo o desgaste doutras compañeiras", subliña sobre un vestiario altamente renovado.

Tamén falou do rival na Eurocup, o Sportiva Azores Airlines.

"Un equipo duro, físico; nós temos que seguir o plan de partido e a nosa filosofía".

O partido comeza ás 20:00 horas e será ofrecido na G2 e en AGalega.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade