Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lino López: "A temporada é de sobresaínte"

Lino López: "A temporada é de sobresaínte"

 O técnico do Uni Ferrol analizou o ascenso á máxima categoría

G24.gal 26/03/2023 11:35

Tras un curso inmaculado, o Uni Ferrol puxo o ramo derrotando o Canoe nun Pavillón da Malata cheo e que gozou do regreso do conxunto departamental á elite do baloncesto feminino español. Lino López falou coa Radio Galega.

"A temporada é de sobresaínte,  pero ademais pechala con este partido, con este pavillón cheo, con este ambiente, non se pode pedir máis. Eu tiven ascensos como xogador e adestrador, e neste último sofres máis, non paras de pensar no equipo. Tamén se goza máis. Dende o primeiro día de pretemporada dixemos que o obxectivo era que cada adestramento, cada partido ía ser unha final. Collemos doce vitorias seguidas que é impresionante. Dende o tempo do Oar na ACB non se vive isto na Malata. Ver isto é emocionante".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar