Publicador de contidos

Publicador de contidos

Basquet Coruña non dá opción a Melilla (101-89)

Basquet Coruña non dá opción a Melilla (101-89)

Os herculinos manteñen a súa imbatibilidade e marchan o parón cun impoluto balance de oito vitorias e cero derrotas

Os melillenses chegaron a estar a dous puntos no último cuarto pero non chegaron a culminar a remontada

@EFE @EFE
G24.gal 14/11/2025 21:46

Basquet Coruña mantén o seu percorrido impoluto pola primeira FEB e acadou un novo triunfo, esta vez ante o Melilla, facendo valer o seu dinamismo ofensivo e a maior calidade dos seus xogadores.

E non foi un partido sinxelo para os de Carles Marco que mantiveron o intercambio de canastras cos melilleses durante todo o primeiro cuarto. No segundo, e guiados por Caio Pacheco, Basquet Coruña chegou a abrir unha fenda de 15 puntos (48–33) pero reaccionou o equipo visitante nos últimos dous minutos para chegar o descanso dez abaixo no marcador (52–42).

No terceiro cuarto chegaría a reacción dos visitantes. Subiron o nivel defensivo e colocáronse a catro puntos. Cos puntos de Stilma e Heron crearon moitos problemas a unha defensa de Basquet Coruña que vía como pouco a pouco a diferenza ía diminuíndo. 73–68 ó remate deste período.

No último cuarto colocouse a dous puntos Melilla (73–71). Pero cando peor estaban os coruñeses chegaron as triplas de Jorgenson e Guillem Jou para abortar a remontada dos azulinos. Quedou sen capacidade de reacción Melilla e o equipo laranxa certificaría a súa oitava vitoria consecutiva cun marcador de 101–89.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade