Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán busca ante o San Pablo Burgos a cuarta vitoria da temporada

O Breogán busca ante o San Pablo Burgos a cuarta vitoria da temporada

Queren repetir no Pazo a boa imaxe da xornada pasada ante o Murcia

G24.gal 22/11/2025 12:36

Despois de gañar en Murcia con solvencia, Luis Casimiro demanda concentración para lograr o cuarto triunfo da temporada ante Recoletas San Pablo Burgos. 

Con Mihailo Andric mancado e pendente de evolución -e antes de que se abra a fiestra Fiba- chega ao Pazo un equipo que so gañou un partido en oito xornadas. Porén, pensar en Burgos como o rival ideal para poñerse 4-4 na clasificación, para Kurucs, sería un erro grave. 

Algúns como Francis Alonso estarán ilusionados coa convocatoria da selección, outros cuns días de desacanso, pero Casimiro insiste en que non hai que mirar a clasificación. Ás nove, no Pazo, un partido deses que poden marca-la dinámica dunha campaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade