Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Uni Ferrol asoballa o Sonowiecz (92-49) e pecha unha primeira fase perfecta

O Uni Ferrol asoballa o Sonowiecz (92-49) e pecha unha primeira fase perfecta

Seis partidos e seis vitorias para o equipo ferrolá

As de Lino López esperan rival para os dezaseisavos de final que se disputarán no mes de decembro

@UniFerrol @UniFerrol
G24.gal 26/11/2025 21:17

O Uni Ferrol segue con paso firme o seu periplo europeo e pechou unha primeira fase de Eurocup perfecta tras derrotar o Sosnowiec polonés nun partido no que estaba en xogo a primeira posición do grupo. O choque soamente foi igualado no seu treito inicial ata que mediado o primeiro cuarto o acerto de Daniels e Sotolova propiciaron o primeiro tirón no marcador (24-12). A agresividade defensiva das de Lino López e o dinamismo en ataque propiciaban que a renda das galegas seguise crecendo ata chegar os vinta e sete puntos de diferenza cos que se chegou ó descanso (51-24).

No terceiro cuarto non baixou a intensidade do cadro departamental. O equipo polonés baixou os brazos e o Uni seguiu ampliando diferenzas co paso dos minutos. Lino López aproveitaba para facer rotacións pero o ritmo anotador das súas xogadoras non decaía. Alba Sánchez Ramos e Joiner levaban o peso ofensivo do equipo e avantaxa estaba sempre por riba dos trinta puntos. No último cuarto seguiría o recital, sobre todo desde máis alá da liña de tres puntos, para deixar un avultado 92–49 no marcador final.

O rival nos dezaseisavos de final será un segundo clasificado. A eliminatoria xogarase os días 11 e 18 de decembro xogando o partido de volta na Malata tras rematar na primeira posición do grupo

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos