Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña gasta a bala da derrota en Alacant (84-74)

O Leyma Coruña gasta a bala da derrota en Alacant (84-74)

Partido moi igualado que se decidiu nos últimos minutos cun parcial de 14-0 para os locais

A tres xornadas para o final os coruñeses seguen á fronte da Leb Ouro pero poden quedar sen marxe de erro

G24.gal 19/04/2024 22:17 Última actualización 19/04/2024 22:51

O Leyma Coruña queda sen marxe de erro logo de perder en Alacant. A tres xornadas para o final do campionato os de Diego Epifanio seguirán á fronte da clasificación, pero os seus rivais directos poderán poñerse a unha soa vitoria. 

Primeiro cuarto máis que correcto do Leyma. Malia un inicio igualado (7-5) os coruñeses comezaron a anotar con fluidez e chegaron a ter sete puntos de vantaxe (11-18) que quedaron en seis ao remate do período (15-21). 

Alacante sabía que o partido o ía gañar na defensa e o equipo do ferrolán Antonio Pérez Caínzos comezou a atar de mans os lanzadores coruñeses. Colocáronse a dous puntos (28-30) grazas ao acerto de Davison (13 puntos no primeiro tempo) e ao descanso o resultado era de 33-35. 

O Leyma entrou en crise no terceiro cuarto cando o Alacante conseguiu unha diferenza de seis tantos (45-39). Non había acerto nin desde o tiro libre (2/6 logo dunha dobre técnica e expulsión do adestrador local) nin desde a tripla e só no treito final conseguiu poñerse outra vez por diante (52-55). 

Volvían os coruñeses a dar un estirón (54-61) pero durou pouco porque o Alacante volveu a igualar o partido (63-63, minuto 35) e a poñerse por diante a dous minutos do final cunha tripla de Davison. Leyma perdeu o norte en ataque e o Alacante aproveitou para asinar un parcial de 14-0 (80-72) que xa sería definitivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade