Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lanzan bloques de formigón sobre varios coches en Narón e Ferrol

Lanzan bloques de formigón sobre varios coches en Narón e Ferrol

Hai polo menos tres coches afectados, aparcados en diferentes lugares

Piden colaboración cidadá para dar co responsable, que actúa de noite

G24.gal 26/12/2025 14:44

Tiran a pedra e esconden a man.

"O meu foi o que peor estaba porque tirárono dende a ponte e non só caeu no cristal senón que tamén caeu no teito", explica Paolo, un dos afectados.

"Cando baixei á segunda planta, o meu estaba dun lado e enfronte había un 206 de cor violeta cun bloque de formigón cravado no parabrisas, na lúa dianteira", coincide un veciño doutro afectado.

Foron dous na mesma noite en Narón, non moi lonxe un do outro. E días despois cun terceiro en Ferrol, na zona de Serantes. Todos seguindo un mesmo patrón, como apuntan os veciños.

"O ladrillo pesa e lanzárono dende a ponte".

"É sempre de noite".

"Tiraron os formigóns dende riba. Eran bloques das vallas das obras, con buratos nos que se crava a valla. Imaxino que o colleron dalgunha obra, os cargaron no maleteiro e irían facendo a graza por aí".

De graza pouca.

"O único que me cobre é o cristal pero o que é o teito, téñoo que pagar eu da miña carteira e xa me dixeron que barato non vai ser", lamenta Paolo. 

Un ataque intencionado pero ao azar. De feito, o coche de Paolo estaba alí por casualidade, por facerlle un favor a un amigo. 

"Estaba de paso porque estaba coidando a miña cadela e tocoulle a el".

"O primeiro coche, que era un coche de alugueiro, e que estaba preto do meu, estaba nun aparcadoiro onde había moitos máis coches e tocoulle a el. Foi ao azar".

Piden colaboración cidadá para dar co responsable ou responsables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade