Cargando resultados...
Juan del Arco terá o rol de estrela no proxecto do Cangas
Chega procedente do Anaitasuna e está chamado a ser o referente ofensivo do equipo
G24.gal
27/07/2022 15:04
O Cangas Frigoríficos do Morrazo presentou a súa fichaxe estrela: Juan del Arco. Un xogador cun lanzamento exterior poderoso. Ten 30 anos e mide 191 cm. Ficha ata o 2024. Xogou no Anaitasuna nas dúas últimas temporadas, e antes en equipos da zona alta da Asobal como Logroño ou Granollers. Tamén ten experiencia na Liga francesa. Está chamado a ser a estrela do equipo. E asume ese rol.