Publicador de contidos

Publicador de contidos

Juan Carlos Andrés, novo adestrador do Compostela

Juan Carlos Andrés, novo adestrador do Compostela

Asina ata final de temporada e contará con Cardeñosa como axudante

Foto SD Compostela
G24.gal 05/04/2023 10:59 Última actualización 05/04/2023 11:03

Juan Carlos Andrés é o novo adestrador da S. D. Compostela. O técnico vigués, con experiencia na Primeira División como segundo de Eusebio Sacristán, súmase ao equipo esta mesma mañá e xa dirixirá ao Compos esta fin de semana contra o Real Avilés Industrial.

O técnico vigués, de 48 anos, firma ata final de tempada e poñerase á fronte do corpo técnico branco e azul, no que contará on Cardeñosa como axudante. Deste xeito, Juan Carlos Andrés regresa aos bancos tras un período afastado dos mesmos.

Na súa traxectoria como adestrador, que comezou coa maioría de idade, Juan Carlos Andrés conta cunha dilatada experiencia na Preferente e Terceira División, vinculado a clubs da zona viguesa.

Así, tras pasar polas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo e da Federación Galega de Fútbol, saltou aos equipos sénior no Gondomar, de Terceira, no que estivo dúas campañas. Posteriormente, pasaría, por esta orde, polos bancos da Gran Peña, tres tempadas; Alondras, catro anos; Rápido de Bouzas, cinco campañas; e CD Boiro. No devandito periplo, destacou a consecución de dúas fases autonómicas da Copa RFEF, con Rápido e Boiro.

Tras pasar pola Barbanza, asinou na Selección Galega de Fútbol como técnico do equipo amateur. Con todo, cando levaba un mes no cargo, recibiu a chamada de Eusebio para sumarse ao seu corpo técnico.

Co técnico valisoletano compartiu tres tempadas e media na Primeira División. As dúas e media primeiras na Real Sociedade, unha delas disputando competición europea, e a última no Xirona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar