Zaka comanda a goleada do Deportivo na estrea en San Lázaro (0-4)
O dianteiro anotou dous goles na segunda metade
Abrira o marcador o debutante Teun, e pechouno o canteirán Kevin
Estreáronse todos os novos xogadores, excepto Aubameyang
Deportivo e Compostela estrearon a pretemporada no Vero Boquete, nun partido que decidiron os coruñeses pola diferenza de categoría, e porque os santiagueses so levaban tres días traballando. Ao final, 0-4, e minutos para todos os dispoñibles.
O partido comezou coa homenaxe do Vero Boquete a Samu, capitán que deixa o equipo local e incorpórase á secretaría técnica. Axiña deixou o posto no campo rodeado dos seus compañeiros.
Na primeira metade controlou o xogo o Deportivo, no que se estreaban como titulares o porteito Leo Román, Ede, Teun e Amatucci. Os catro deixaron boa impresión, pero Teun Gijselhart coroou a súa actuación co gol que abría o marcador asistido por Luismi.
O Deportivo seguiu controlando o partido sen atrancos ata o descanso, cando Hidalgo trocou aos once xogadores. E, nesa segunda unidade, o que destacou foi Zaka. Como xa fixera no amigable do ano pasado, o dianteiro anotou dous goles, nunha acción en que roubou e definiu, e nun remate acrobático a pase de Samu.
Tamén xogarou nesta segunda metade Asp Jensen, moi participativo. Pola banda esquerda foi un coitelo Quagliata, que asistiu na última acción do partido para o 0-4 de Kevin. O canteirán fora o último en entrar canda José Ángel, neste primeiro amigable que deixa a primeira goleada herculina. Asistiu ao choque desde o palco o último en chegar, Aubameyang.