Publicador de contidos
Publicador de contidos

José Manuel, pai de Desirée: "Foi un brutal asasinato, agardo que se faga xustiza"

José Manuel, pai de Desirée: "Foi un brutal asasinato, agardo que se faga xustiza"

José Manuel acolle con satisfacción, pero tamén con moita dor, a fixación da data do xuízo que se vai celebrar na Audiencia Provincial de Lugo

Súmase á petición de prisión permanente revisable para única persoa detida por este crime

G24.gal 18/11/2021 13:04

A pequena Desirée Leal morreu presuntamente asfixiada a mans da súa nai nunha casa de Muimenta, en Lugo, o 3 de maio de 2019.

Cando fai dous anos e medio da súa morte, seu pai José Manuel acolle con satisfacción, pero tamén con moita dor, a fixación da data do xuízo que se vai celebrar na Audiencia Provincial de Lugo entre o 7 e 14 de febreiro.

O proceso empeza o próximo luns coa elección do xurado popular. Por diante 3 meses para pechar a estratexia coa que buscarán xustiza para a súa pequena.

Consciente de que nada lle vai devolver a vida da pequena Desirée, como acusación particular súmase á petición da Fiscalía e da acusación popular exercida pola Fundación Amigos de Galicia de prisión permanente revisable para única persoa detida por este crime. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade