Cargando resultados...
Jordan Sakho completa o xogo interior do Breogán
O pivote rescindiu o contrato con UCAM Murcia e volve ao club en que xogou na temporada 21-22
G24.gal
16/01/2024 10:16
O Río Breogán xa ten o pivote que precisaba para a segunda volta do campionato. A lesión e a operación de Diouf obrigaba a reforzar un posto no que Mrsic tivo que facer encaixe para cubrir nos últimos encontros. A primeira posibilidade foi a do francés Kamagate pero a fichaxe por un club da Lega italiana provocou que o club galego centrase os seus esforzos noutro obxectivo.
Jordan Sakho rescindiu hai tres días co UCAM Murcia e decidiu regresar a Lugo, onde xogou na temporada 21-22. A súa adaptación será moi doada e achegará defensa e rebote. Na súa anterior etapa achegou unha media de 4,7 puntos e 3,2 rebotes en 14 minutos.