Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jessica Bouzas desfai por 6-0 e 6-1 a Emma Navarro, número 9 do mundo

Jessica Bouzas desfai por 6-0 e 6-1 a Emma Navarro, número 9 do mundo

Foi un vendaval de principio a fin da tenista galega que deixou sen resposta a semifinalista do pasado US Open e a defensora dos oitavos en París

Foto Roland Garros
G24.gal 26/05/2025 12:22 Última actualización 26/05/2025 17:00

Descomunal Jessica Bouzas: 6-0 e 6-1 á número 9 do mundo! A galega arrincou de maneira inmellorable o seu paso por Roland Garros

O idilio de Jessica Bouzas coas sorpresas nas primeiras roldas dos Grand Slams pasaron a outro nivel este luns en París tras golpear a estadounidense Emma Navarro, número 9 da clasificación WTA, por 6-0 e 6-1 en menos dunha hora de partido.

Foi un vendaval de principio a fin da tenista galega que deixou sen resposta a semifinalista do pasado US Open e a defensora dos oitavos en París, que só puido celebrar un único xogo en todo o partido.

Bouzas buscará superar por primeira vez a segunda rolda nun grande ante a vencedora do partido ente a francesa Diane Parry, convidada polos organizadores, 93 do mundo, e a estadounidense Robin Montgomery, 115 do mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar