Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jesús Bernal: "Esperamos un ambiente hostil, pero quizais tamén cara a eles"

Jesús Bernal: "Esperamos un ambiente hostil, pero quizais tamén cara a eles"

O “correcamiños” maño volve á casa de verde para gañar

G24.gal 15/05/2024 15:56 Última actualización 15/05/2024 16:02

Jesús Bernal leva practicamete toda a tempada do Rácing nas súas pernas. O “correcamiños” verde deixou o seu ronsel en 38 dos 39 encontros disputados coa súa formación, xogando en todos eles, menos nun –ante o Cartaxena– os 90 minutos de partido.

O omnipresente maño e os seus compañeiros percorreron un longo camiño cuxa meta poden cruzar en tres semanas ou contar cunha, desexada, etapa extra en forma de playoff.

“Queremos estar aí ata o final, tentar sacar o máximo de puntos e xa veremos onde podemos chegar... ou ata onde nos permiten”, apostila o mediocentro zaragozano.

E é que, e así o sinalan resultados e sensacións, ou viceversa, o Rácing está de volta. Na recuperación de gran parte dunha segunda volta na que “non entraban os goles, facíannos moito dano con moita facilidade... Soubemos repoñernos e imos tentar facelo o mellor posible nos tres partidos que quedan”.

Falou tamén do ambiente que van vivir na Romareda:

"Esperamos un ambiente hostil, pero quizais tamén cara a eles se o partido non se lles pon de fronte. É unha final para ambos e ímola afrontar con todo o respecto”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos