Jenni Hermoso: "É outra estratexia para dividirnos e intimidarnos"
Jenni Hermoso: "É outra estratexia para dividirnos e intimidarnos"
"De que ou de quen quere protexerme a seleccionadora?", acaba preguntándose a xogadora despois de que fose o argumento de Montse Tomé para apartala da lista
A primeira convocatoria de Montse Tomé, novo pulso da RFEF ás xogadoras

Jenni Hermoso foi unha das mundialistas que quedou fóra da lista de Montse Tomé. O argumento da nova seleccionadora é que estimaba que era a mellor maneira de "protexela". Despois do comunicado do resto de internacionais, a dianteira da selección expresou a súa opinión a través das redes sociais.
"De que quere protexerme? Ou de quen?" é a pregunta que fai Hermoso. Considera que o xeito de proceder da Federación é: "Outra estratexia de división e manipulación para intimidar e ameazarnos con repercusións legais e sancións económicas. As mesmas persoas que nos piden confianza son as que lanzan unha lista con xogadoras que pediron ser NON convocadas", comenta Hermoso na liña do resto de compañeiras.