Cargando resultados...
Javier Avilés aposta pola salvación do Lugo
Javier Avilés aposta pola salvación do Lugo
Avilés: "Hai nivel de sobra para sacar isto adiante"
G24.gal
27/01/2023 12:07
Última actualización 27/01/2023 12:13
Javi Avilés xa é novo xogador do Lugo. O novo extremo albivermello pisou o Anxo Carro coa súa nova camiseta, e asegura sentirse cómodo co reto que ten por diante.
Acompañado polo Director Deportivo, Carlos Pita, deixou clara a súa dispoñibilidade en busca da consecución dos obxectivos:
"Vén un xogador para unha posición que necesitabamos. É un xogador veloz, con potencia, disparo, un contra un e mocidade. Adáptase á nosa realidade, a cesión é unha opción boa para nós. Achegaranos moito".
Javier Avilés aposta pola salvación do Lugo:
"Hai nivel dabondo para sacar o obxectivo adiante. Vexo un gran grupo, moi motivado e con ganas de remontar a situación".