Javi Muñoz: "Foi unha temporada inolvidable e histórica"
O adestrador lucense amosouse emocionado tras o último partido no Pazo

Nun encontro moi emotivo o breoganismo despediu o seu equipo tras unha temporada chea de ledicias. O conxunto lucense desfrutou tras moitos anos de sufrimento cun equipo con grandes individualidades e dni azul celeste. Ademais dos irmáns Quintela, un dos protagonistas foi o adestrador Javi Muñoz, que durante algunhas xornadas asumiu o posto de técnico tras a marcha de Paco Olmos.
"Foi unha temporada inesquecible, incrible, por todo o que pasou, polo que acadamos e por como o acadamos. Pola nosa xente, con todo o que pasou nos anos na LEB, para os que somos breoganistas é moi grande e hai que gozalo ao máximo. É unha pasada como está o Pazo. Os xogadores e nós tiñamos gañas de brindar unha vitoria á nosa afección. Moi ledo pola nosa xente e por este equipo que merece, todo, dende o presi, Tito, e os xogadores. Agora ven o complicado. O club ten que tomar decisións. Hai que pensar moitas cousas"