Javi Galán e Matías Dituro valoran positivamente o punto colleitado no Novo Mirandilla
Javi Galán e Matías Dituro valoran positivamente o punto colleitado no Novo Mirandilla
Os xogadores do Celta atenderon ao Galicia en Goles tralo empate en Cádiz

A pesar de enfrontarse a un necesitado rival, situado en postos de descenso, e ter un penalti a favor na recta final do partido, o Celta non puido pasar da igualada a cero na súa visita a terras gaditanas. Ao remate do encontro, dous futbolistas pasaron polos micrófonos da Radio Galega. Un deles foi o laterla Javi Galán
"Estamos en boa dinámica. Sempre queremos más pero é positivo. Con Salvi xa me pasou na ida, sabía que estaría moi pendente de min. Coa tarxeta tentei ser menos agresivo, non correr riscos, pero estou acostumado. Non plantexamos obxectivos, queremos ir partido a partido, sumar puntos e ir gañando"
Outro dos futbolistas que pasaron pola zona mixta do estadio andaluz foi o porteiro Matías Dituro, que salvou nun par de ocasións ao Celta.
"Un pouco de pena. Teño a sensación de que tivemos ocasións parellas e como o penalti foi a máis clara, e foi nosa, pois creo que puidemos levarnos os tres puntos. Estou contento por axudar ao equipo"