Cargando resultados...
Javi Fontán "É o momento de arriscar e saír fóra, tanto no deportivo como no persoal"
O exxogador do Arousa recala no Avilés da 2ª RFEF

G24.gal
28/05/2022 13:03
Tras tres temporadas no equipo da súa vila chegou o momento de partir para Javi Fontán, tras o descenso do Arousa a Terceira RFEF. O venres pasou polo Galicia en goles para conversar con Paco Santos sobre esta decisión e o seu novo destino.
"Foi difícil porque son moi do Arousa dende toda a vida, a miña familia, a miña traxectoria. Tiven interese doutros equipos de 2ª RFEF pero o primeiro que valorei foi renovar ou non. Finalmente decidín marchar porque é o momento de arriscar e saír fóra, non só no aspecto deportivo senón tamén no persoal. Saír vivir fóra vaime facer madurar e creo que con esta idade, 22 anos, é o momento ideal"