O Deportivo comeza a xira de pretemporada cun partido en Alemaña e na TVG
Este sábado enfrontarase ao Sant Pauli, da Segunda División, partido que veremos na Televisión de Galicia ás 18:30
Logo irán a Italia onde xogarán diante da Fiorentina e o Genoa
Segundo proxecto de Antonio Hidalgo, pero as mesmas liñas mestras que conduciron o Deportivo a Primeira División. Seis facianas novas. Unha delas, a de Aubameyang, como grande estrela. 37 anos, pero moi ben levados.
Case todas as posicións están cubertas pero hai unha prioridade na folla de ruta de Hidalgo, asinar un lateral esquerdo. O adestrador non quixo falar de nomes -Angeliño é o que ten máis papeletas para vir-.
A base do Deportivo será a do ano pasado. Cunha preocupación, a dun Yeremay que aínda non participou nos amigables de pretemporada. Este sábado ás seis e media o cuarto partido de preparación no campo do Sant Pauli, en directo pola Televisión de Galicia.