Cargando resultados...
O centrocampista ponteareán Damián Rodríguez atopa acomodo no Cádiz
Xa saíra cedido do Celta o ano pasado ao Rácing de Santander, e busca na Segunda División os minutos que lle permitan volver ao equipo vigués
G24.gal
31/07/2026 14:56
O que sae do Celta é Damián Rodríguez, que xogará cedido esta temporada no Cádiz. O centrocampista de Ponteareas, de 23 anos, superou o xoves o recoñecemento médico co seu novo club. Xogará baixo as ordes de Imanol Idiakez, ex adestrador do Deportivo.
Damián tiña renovación da cesión co Rácing polo ascenso pero non entraba nos plans do adestrador santanderino. A solución de consenso que tomaron Rácing e Celta foi a de buscarlle acomodo na Segunda División para que puidese ter minutos.