Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alcoa asume a "plena titularidade" da fábrica de San Cibrao "sen impacto" nos empregos

Alcoa asume a "plena titularidade" da fábrica de San Cibrao "sen impacto" nos empregos

O cambio non vai afectar tampouco ás operacións nin a actividade diaria do complexo, aseguran responsables da compañía 

Con todo, recoñecen que a viabilidade “segue véndose afectada" polas perdas da refinería e pola falta de acceso a un prezo de enerxía estable e competitivo para a planta de aluminio

Planta de Alcoa, en Cervo. TVG. Planta de Alcoa, en Cervo. TVG.
G24.gal 31/07/2026 15:14

Alcoa informou este venres de que asumiu a plena titularidade das operacións no complexo industrial de San Cibrao, en Cervo (Lugo), tras adquirir a participación do seu socio, a enerxética Ignis.

Comunicado dirixido aos traballadores 

Así llelo confirmou o director de Operacións da compañía en España, Álvaro Dorado, aos traballadores de Alcoa nun comunicado en que tamén aclara que “este cambio non ten ningún impacto” nas operacións, nos empregados nin por suposto na actividade diaria do complexo industrial.

“Son consciente de que noticias como esta poden xerar incerteza e preguntas. A mensaxe que quero trasladarvos é sinxela: seguimos centrados no traballo que temos por diante, comprometidos coa colaboración con todos os grupos de interese e decididos a avanzar cara á sustentabilidade a longo prazo do complexo”, engade nese escrito ao que tivo acceso a prensa.

"Viabilidade afectada"

Álvaro Dorado recoñece, en calquera caso, que a viabilidade do complexo industrial “segue véndose afectada" polas perdas da refinería e pola falta de acceso a un prezo de enerxía estable e competitivo para a planta de aluminio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade