Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre a lenda do fútbol italiano Franco Baresi aos 66 anos

Morre a lenda do fútbol italiano Franco Baresi aos 66 anos

Foi capitán do histórico Milán, club en que lle retiraron a camiseta, e da selección italiana

G24.gal 31/07/2026 09:42

Faleceu Franco Baresi, o central que dirixiu ao mellor Milán dos anos 80. O italiano foise con 66 anos, despois de converterse nun mito logo de ser o histórico capitán do Milan e da selección italiana. Estivo 23 anos no Milán, 15 deles como capitán. No seu palmarés hai seis Scudettos e tres Copas de Europa. O seu dorsal, o número 6, quedou retirado no Milan cando Baresi deixou o futbol. Coa selección italiana xogou 81 partidos.

Central elegante, intelixente e extraordinariamente dominante na lectura de xogo. Baresi converteu a defensa nunha expresión de talento. Extraordinario na anticipación e sobre todo a saída de balón, ordeando e liderando ao equipo desde a primeira liña. Vaise un dos grandes defensas da historia. Franco Baresi.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade