Cargando resultados...
Hugo Rascado, patrón de Ares: "O descenso vai ser cousa nosa ou de Chapela"
Os dous equipos galegos da ACT loitan por evitar o último posto
Os aresáns melloraron o seu rendemento nas últimas xornadas e conseguiron escapar da derradeira posición
G24.gal
31/07/2026 14:50
Ares por vez primeira na tempada chega a unha fin de semana sen estar no derradiero posto da clasificación. Quedan 10 xornadas. Ares é penúltimo, Chapela pechacancelas. Todo apunta a que un dos dous descenderá. O patrón de Ares nota que este ano subiu o nivel da zona baixa da liga. Ser décimo, saír do último e penúltimos posto, é o noso Valhala, o territorio da salvación para os equipos galegos.