Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chapela busca a fazaña nunha última fin de semana de ACT que visita Galicia

Chapela busca a fazaña nunha última fin de semana de ACT que visita Galicia

Nas regatas do sábado -Cabo- e domingo -Ares- precisa recuperar seis puntos para evitar o descenso directo

G24.gal 27/08/2026 13:37

Juan Zunzunegui prepara a traiñeira e bota contas. Só quedan dúas xornadas para o final da ACT e Chapela precisa recuperarlle seis puntos a Ares para evitar o descenso directo. Todo apunta a que a xornada deste domingo, precisamente en Ares, será a decisiva. O sábado, en Cabo da Cruz, as condicións do campo de regatas non serán tan cambiantes pero sí o domingo no que pode acontecer de todo. 

Este ano toda a emoción está na pelexa por evitar o descenso, cos dous galegos e con San Xoán. Chapela ten 49 puntos, cinco menos que Ares -á que lle vale o empate final para evitar o descenso directo- e once menos que San Xoán. Chapela busca a fazaña, darlle a volta á clasificación e manterse na súa estrea na ACT.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade