Publicador de contidos

Publicador de contidos

Leyma-COB e Obradoiro-Breogán, nas semifinais da Copa Galicia de baloncesto

Leyma-COB e Obradoiro-Breogán, nas semifinais da Copa Galicia de baloncesto

"Vai ser a mellor da historia", asegurou o presidente da Federación Galega Julio Bernárdez

G24.gal 31/07/2026 14:45

Xa temos datas e tamén emparellamentos para a Copa Galicia, que este ano se vai celebrar en Santiago a partir do 5 de setembro. No mediodía deste venres celebrouse o sorteo. O primeiro partido, ás 18:00 horas, enfrontará ao Leyma Coruña e o COB Ourense. E a partir das 20:30, o duelo entre o Monbus Obradoiro e o Río Breogán. A final será o domingo, 6 de setembro.

Cun Breogán en Europa, con tres equipos en ACB e cun COB Ourense que quere apuntalar o seu proxecto, o presidente da Federación Galega saca peito coa Copa Galicia deste ano. 

Os catro grandes do noso baloncesto apuran as últimas contratacións antes de iniciar unha temporada que se presenta apaixonante para os afeccionados. O Monbus Obradoiro podería pechar o seu cadro con este xogador. O nixeriano Efe Abogidi. Formado nas academias de desenvolvemento da NBA en África e Australia..., no seu último equipo, nos Valley Vipers, mediou 13 puntos e 6 rebotes por encontro. Recentemente disputou a Summer League da NBA cos Denver Nuggets.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade