Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javi Díaz chega aos 600 partidos na Asobal

Javi Díaz chega aos 600 partidos na Asobal

O porteiro do Cangas chegará esta noite á centenaria cifra no partido que disputa o seu equipo no Gatañal ante o Puente Genil

Aos seus 46 anos, non descarta seguir xogando a próxima temporada

O porteiro do Rosal segue sumando partidos na liga Asobal
G24.gal 09/11/2021 22:18

Javi Díaz segue sumando partidos o seu currículo e esta noite chegará a cifra de 600 na máxima categoría do balonmán nacional. O rosaleiro xogou onte 'Ao contraataque' e valorou a súa extensa carreira profesional:

"Non esperaba chegar os 500 menos aos 600. Teño 46 anos e xa non digo nada. Levo tras dicindo que este é o último. Un partido destes 600? Seguramente a semifinal de Copa do Rei co Teucro ante o Barcelona. Non xoguei nun grande, pero vivín cousas marabillosas que incluso sabían mellores cos títulos".

Este ano o Cangas converteuse nunha das revelacións da Asobal grazas en parte ás actuacións do veterano porteiro que mandaba unha mensaxe de cautela:

"Temos que ter os pés no chan.  E non ver a posición na que estamos. Somos o segundo equipo máis novo da Asobal e iso que estou eu no cadro de xogadores"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos