Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan con vida o octoxenario desaparecido en Cangas

Localizan con vida o octoxenario desaparecido en Cangas

Varias persoas particulares atopárono nunha leira próxima a súa casa, situada na parroquia do Hío

Solicitaron asistencia sanitaria para que o home retomara a súa medicación

Buscan con drons a un ancián con problemas de mobilidade que desapareceu en Cangas 

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 15/08/2026 09:39

Remata a busca do octoxenario desaparecido en Cangas tras ser localizado preto do seu domicilio

Foron persoas particulares quen o atoparon nunha leira próxima a súa casa, situada na parroquia do Hío.

Inmediantamente, solicitaron asistencia sanitaria porque o home necesitaba retomar a súa medicación habitual.

Contra as 20:30 horas de onte, os membros do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias, que se incorporaron ao operativo de busca tras unha petición da Garda Civil, informaron a través do 112 Galicia da localización do señor a pouco metros da súa vivenda.

Segundo a información facilitada polos axentes de seguridade, o home tiña problemas de saúde previos que lle dificultaban camiñar, polo que sospeitaban que podía estar preto.

Coa localización do señor, remata o operativo de busca iniciado este venres pola Garda Civil e no que participou o GALI da AXEGA cos drons e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas.

Tamén foi necesaria a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para asistir ao señor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade