Estabilizado o incendio forestal do concello coruñés de Lousame
Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas
O lume iniciouse ás 17:32 horas do venres
Un amplo dispositivo aéreo loita contra un incendio de máis de 20 hectáreas en Lousame
EFE/Alberto Sxenick
A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Lousame, parroquia de Lesende, está estabilizado dende as 08:43 horas deste sábado.
O lume comezou este venres ás 17:32 horas e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 15 axentes, 20 brigadas, 16 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 9 helicópteros e 4 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.