Isma Martínez deixa o Conservas Orbe Zendal a final de tempada
O adestrador do Morrazo toma a decisión por motivos persoais
Punto e final a vinte anos de relación coa entidade, divididos en dúas etapas
Isma Martínez anunciou a súa marcha do Conservas Orbe Zendal Porriño a final de tempada. Unha decisión que toma por estritas razóns persoais, xa que vai ser pai, e que anunciou co presidente do club porriñés, Abel Estévez, ao seu lado.
Dentro duns meses poñerá fin a vinte anos de relación coa entidade, divididos en dúas etapas. O seu papel foi esencial para acentuar o traballo coa canteira, primeiro, e consolidar despois ao equipo sénior entre os grandes da División de Honra.
A final da EHF European Cup, na que tocaron o título, queda como principal logro entre moitos.
"Este club é todo para min", resumiu Isma.
Tamén aclarou que non ten ningún tipo de acordo con outros equipos e que ve difícil saír de Galicia, aínda que non se pecha a ningunha proposta.
O caso de Isma, con todo, non está relacionado coa situación do equipo. Isma decidiu priorizar a súa vida persoal e xa a comezos de xaneiro anuncioulle a Abel a súa decisión.