Publicador de contidos

Publicador de contidos

Irina Shayk, Naomi Campbell ou Jon Kortajarena: os convidados de Marta Ortega na Coruña

Irina Shayk, Naomi Campbell ou Jon Kortajarena: os convidados de Marta Ortega na Coruña

A presidenta de Inditex inaugura unha exposición fotográfica sobre Steven Meisel

Este mércores celebrouse o 'pase VIP', ao que acudiron personalidades do mundo da moda a nivel internacional

Amber Valletta, Irina Shayk, Natalia Vodianova, Marta Ortega, Naomi Campbell, Christy Turlington, Karlie Kloss e Karen Elson. Foto: Saskia Lawaks
Yaiza López 17/11/2022 10:39 Última actualización 17/11/2022 14:14

A Coruña encheuse onte das personalidades máis importantes do mundo da moda a nivel internacional. O nexo de unión foi a presidenta de Inditex, Marta Ortega, que inaugura unha exposición fotográfica sobre Steven Meisel.

Foi o 'fotógrafo das famosas' cando se trataba de editoriais de moda. Autor da portada do disco 'Like a virgin' de Madonna, Meisel traballou en numerosas ocasións coa revista 'Vogue'.

Atraídos pola súa obra e coa invitación de Marta Ortega, A Coruña foi o escenario da última gran reunión do mundo da moda.  

Natalia Vodianova, Marta Ortega, Naomi Campbell, Christy Turlington e Karlie Kloss. Foto: Saskia Lawaks Natalia Vodianova, Marta Ortega, Naomi Campbell, Christy Turlington e Karlie Kloss. Foto: Saskia Lawaks

O peirao de batería, onde se recolle a exposición, foi o escenario do 'pase VIP'. Neste evento pechado, modelos como Irina Shayk, Naomi Campbell, Coco Rocha, Natalia Vodianova, Eugenia Silva ou Jon Kortajarena viviron en primeira persoa a 'experiencia Meisel'.

"Para min é un auténtico privilexio traer á Coruña unha exposición tan especial e tan excepcional que, ademais de ampliar o rico patrimonio cultural que ofrece Galicia, servirá de inspiración para quen teña a fortuna de pasar un intre ante as extraordinarias imaxes de Steven Meisel", di Marta Ortega nunha nota de prensa.

"Steven e eu apoiabámonos moito mutuamente. O traballo era traballo, pero non o parecía; tamén era divertido e podiamos traballar toda a noite para conseguir o que buscabamos: o resultado, a estética, a esencia da sesión. Foi unha época moi especial", sinala Naomi Campbell.

Jon Kortajarena, Marta Ortega e Eugenia Silva. Foto: Saskia Lawaks Jon Kortajarena, Marta Ortega e Eugenia Silva. Foto: Saskia Lawaks
Karen Elson, Karlie Kloss e Irina Shayk. Foto: Saskia Lawaks. Karen Elson, Karlie Kloss e Irina Shayk. Foto: Saskia Lawaks.

A parte gastronómica correu a cargo do restaurante pontevedrés Culler de Pau, gañador de dúas estrelas Michelin. 

Imaxe do petisco durante o evento. Instagram: @ambervalleta Imaxe do petisco durante o evento. Instagram: @ambervalleta

Tamén houbo espazo para outras artes, como a música. A fusión congolesa-belga de Lous and the Yakuza foi o ambiente para a velada.

Actuación musical de Lous and the Yakuza. Instagram: @lucienpages Actuación musical de Lous and the Yakuza. Instagram: @lucienpages

A exposición abrirase ao público de maneira gratuíta a partir do sábado, 19 de novembro.

Galería

Selfie de Eugenia Silva, Marta Ortega e Jon Kortajarena no evento. Instagram: @eusilva Selfie de Eugenia Silva, Marta Ortega e Jon Kortajarena no evento. Instagram: @eusilva
Jon Kortajarena e Naomi Campbell. Foto: Saskia Lawaks Jon Kortajarena e Naomi Campbell. Foto: Saskia Lawaks
As modelos Irina Shayk, Karen Elson e Karlie Kloss. Foto: Saskia Lawaks As modelos Irina Shayk, Karen Elson e Karlie Kloss. Foto: Saskia Lawaks
Marta Ortega e Naomi Campbell. Foto: Saskia Lawaks Marta Ortega e Naomi Campbell. Foto: Saskia Lawaks
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos