Publicador de contidos
Publicador de contidos

Irene Ferreras tras a súa destitución: "Creo que deixamos un proxecto interesante"

Irene Ferreras tras a súa destitución: "Creo que deixamos un proxecto interesante"

A adestradora do Deportivo Abanca séntese "en paz" co seu traballo en Abegondo

"Levo o día do ascenso gravado"

G24.gal 24/11/2024 17:43 Última actualización 24/11/2024 17:49

O Deportivo Abanca anunciaba na madrugada do sábado a destitución de Irene Ferreras como adestradora do clube de primeira división feminina.

"Vouno tomar dun xeito positivo, ver esta sala chea xa é un motivo para iso", con estas palabras comezaba Irene Ferreras unha conferencia de prensa emotiva á que acudiu todo o cadro do Deportivo Abanca, o que "sorprendeu" a agora exadestradora do equipo.

O club comunicáballe a súa destitución tras a derrota por 2-1 fronte ao Sevilla. "Mostráronme a súa postura en canto aos resultados (...). Os resultados non foron os mellores, o club toma unha decisión e eu non vou poñer escusas".

Ferreras centrouse no positivo desta aventura na Coruña: "Isto non remata aquí, crecín moitísimo como adestradora" e aproveitou para lembrar o día do ascenso fronte a 14.000 persoas en Riazor: "Vou levar o día do ascenso gravado. Moitas rapazas van crecer sabendo que poden ser o que queiran". Ademais, dedicoulle unhas palabras a todos os traballadores do Deportivo: "Atopei unha familia en Abegondo, este club é moi bonito nese sentido".

Respecto aos seus últimos días á fronte do conxunto herculino, Irene reflexionaba: "Non pasei sensación de agonía, o día a día non parecía o de un equipo afundido (...) Creo que deixamos algo bonito, un proxecto interesante". Respecto ao futuro do equipo, ve un vestiario "mentalmente forte e con capacidade de acadar o obxectivo".

O Deportivo Abanca atópase actualmente en postos de descenso, sumando 6 puntos en 10 xornadas disputadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos