Publicador de contidos

Publicador de contidos

Irene Ferreras, feliz por comezar a temporada en Abegondo

Irene Ferreras, feliz por comezar a temporada en Abegondo

O Deportivo Abanca estréase ante o Raio Vallecano

Foto @RCDeportivo
G24.gal 08/09/2022 13:02 Última actualización 08/09/2022 13:10

O Deportivo Abanca arrinca a tempada oficial o domingo ás 12:00 horas en Abegondo contra o Raio Vallecano. Será a estrea oficial do novo proxecto branquiazul na primeira xornada da Primeira Federación Futfem.

O equipo coruñés parte co obxectivo claro do ascenso á máxima categoría do fútbol nacional feminina, despois de que o curso pasado tivese que xogar unha eliminatoria de permanencia para conservar a súa praza na categoría de prata.

As branquiazuis só perderon un encontro en pretemporada, fronte ao Eibar (1-2).

Irene Ferreras valora o feito de empezar na casa:

"Faime ilusión empezar en Abegondo. Aínda non o fixemos en pretemporada. Encontrarnos co noso público é moi positivo e vai ser un plus".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade