Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan unha agresión a un home nun edificio ocupado ilegalmente en Ribeira

Investigan unha agresión a un home nun edificio ocupado ilegalmente en Ribeira

Foi trasladado ao hospital de Santiago en estado grave cunha fractura na cabeza

O home foi agredido na escaleira dun edificio ocupado ilegalmente O home foi agredido na escaleira dun edificio ocupado ilegalmente
G24.gal 10/04/2022 21:06

A Policía Científica continúa coa investigación dunha agresión que sufriu esta fin de semana un home nun edificio ocupado ilegalmente en Ribeira.

Unha chamada ao 112 alertou de que o ferido estaba inconsciente, tirado nas escaleiras cun forte golpe na cabeza.

Os axentes acudiron ao edificio o sábado para tratar de reconstruír os feitos. Nun primeiro momento ningunha das persoas que ocupa o edificio dixo coñecer os feitos. As pescudas céntranse agora na análise das cámaras de seguridade que hai na zona. 

O home foi trasladado en estado grave ao hospital de Santiago debido á fractura que presentaba no cranio e quedou ingresado na UCI.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade