Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Investigan o incendio nunha casa en Tui
Non houbo feridos, pero si moitos danos materiais
                            G24.gal
                        
                            10/10/2022 20:00
                        
                        
                                Última actualización 10/10/2022 20:30
                        
                        
                    
                    A Garda Civil investiga o incendio dunha vivenda da parroquia de Randufe, en Tui.
Cando se iniciou o lume, non había ninguén no interior da casa e ninguén saíu ferido.
A alerta dérona os veciños ao ver as lapas polas fiestras do primeiro andar.
O lume espallouse con rapidez pola vivenda e causou importantes danos materiais. Por sorte, non había ninguén no interior cando se orixinou o incendio e non se rexistraron feridos.
Axentes da Policía Xudicial da Garda Civil deprazáronse ata o lugar para inspeccionar a vivenda e investigar a orixe do incendio.