Investigan como violencia machista un incendio nunha vivenda en Sevilla
A policía busca a exparella da muller que vivía na casa afectada

A Garda Civil investiga como un presunto caso de violencia machista o incendio que afectou a pasada madrugada a unha vivenda de La Algaba, Sevilla.
Segundo fontes da investigación, a Policía Xudicial tomoulle declaración á muller esta mañá e do seu testemuño despréndese que a súa exparella podería estar implicada nos feitos.
Arestora, as forzas de seguridade buscan o home.
No suceso, o pai da muller quedou ferido grave con queimaduras.
O suceso produciuse sobre as 3:10 horas nun piso baixo da rúa Córdoba e provocou a intervención de efectivos de Policía Local e Nacional, xunto cos Bombeiros da Deputación de Sevilla, que extinguiron o lume.
Os servizos de emerxencias do Servizo Andaluz de Saúde, asemade, evacuaron o home de 42 anos ao hospital universitario Virxe Macarena ao resultar afectado por queimaduras.
A Garda Civil xa realizou unha primeira revisión da vivenda sinistrada para comprobar as posibles causas do sinistro.
🔴Herido por quemaduras un hombre en el incendio de una vivienda en La Algaba, #Sevilla. Más detalles, en nuestro canal 🗞️👇 https://t.co/55yYFKW67i
— Emergencias 112 (@E112Andalucia) January 9, 2023