Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a orixe do incendio no que morreron dúas mulleres en Ourense

Investigan a orixe do incendio no que morreron dúas mulleres en Ourense

Ocorreu este sábado nunha vivenda do barrio de Covadonga

G24.gal 08/01/2023 09:38 Última actualización 08/01/2023 12:31

A Policía Xudicial investiga a orixe do incendio rexistrado este sábado nunha vivenda do barrio de Covadonga, no concello de Ourense, no que morreron dúas mulleres. 

Foi a propia veciñanza a que alertou os Servizos de Emerxencias a primeira hora. As lapas que saían pola fiestra obrigaron a desaloxar o edificio.

A evacuación fíxose porta a porta porque os timbres neste bloque non funcionan cando chove por problemas de humidade.

Tras controlar o lume, os servizos de extinción confirmaron que no interior había dúas mulleres falecidas: a residente habitual, Valentina, de 71 anos, e a súa amiga Edilma, de 50, que pasaba uns días con ela.

O equipo técnico que revisou o edificio asegura que o inmoble non sufriu danos estruturais. Un equipo da Policía Xudicial inspeccionou nas últimas horas a vivenda e traballa xa no informe que achegará para tentar determinar as causas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade