Publicador de contidos

Publicador de contidos

Minuto de silencio en Brión pola nena falecida despois de ser esquecida nun coche

Minuto de silencio en Brión pola nena falecida despois de ser esquecida nun coche

A homenaxe celebrouse ás portas do consistorio local e rematou en aplausos

EFE / Lavandeira Jr. EFE / Lavandeira Jr.
G24.gal 22/05/2026 12:44

Un minuto de silencio lembrou este venres a nena de dous anos e medio falecida en Brión por mor dunha distracción do pai que cando a levaba á escola infantil municipal, tras deixar a seu irmán no colexio, recibiu unha chamada que o despistou.

Así, a pequena quedou durante horas na furgoneta de cristais escuros que aparcou diante do seu traballo nun taller mecánico, nunha zona de moi pouco tránsito.

Diante do consistorio local, ás doce do mediodía a edil de Política Social, Rosa Romero, deu paso ao minuto de silencio que terminou con aplausos.

"A familia está desfeita", "a vila enteira quedou xeada" ou "coa vida que levamos isto pódelle pasar a calquera, tristemente", son os comentarios que máis se escoitaron.

Na contorna da praza do Concello reinou o silencio, moi ilustrativo do que este venres se vive neste pequeno municipio.

O alcalde, Pablo Lago, que mantén unha relación moi estreita coa familia da menor non estivo e os seus compañeiros de goberno contaron que se atopa acompañándoos.

A escola infantil pechou para que o persoal estivese no derradeiro adeus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade