Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha nena de dous anos en Brión tras esquecela o pai no interior do coche

Morre unha nena de dous anos en Brión tras esquecela o pai no interior do coche

O proxenitor levou o maior ao colexio e esqueceuse de deixar a nena na gardería tras recibir unha chamada cando pasaba por diante do seu centro de traballo

A cativa chegou ao PAC de Bertamiráns en parada cardiorrespiratoria

O Concello decreta dous días de loito e convoca un minuto de silencio para o mediodía deste venres

Bandeiras a media asta no Concello de Ames
G24.gal 20/05/2026 23:37 Última actualización 21/05/2026 13:00

Traxedia no concello coruñés de Brión. Unha nena de 2 anos e medio morreu no interior do coche do seu pai. O pai esqueceu deixala na gardería e a meniña pasou moitas horas e a altas temperaturas no interior do vehículo.

proxenitor levou o maior ao colexio e esqueceuse de deixar a nena na gardería tras recibir unha chamada cando pasaba por diante do seu centro de traballo. O home, ao recibir a chamada, estacionou o vehículo e acudiu ao seu traballo sen decatarse de que non deixara a meniña na gardería.

Cando a nai foi recoller a nena a gardería decatáronse do suceso e trasladaron a menor ao PAC de Bertamiráns, onde explicaron que deixaran esquecida a menor.

As altas temperaturas rexistradas en Galicia, a deshidratación e as horas transcorridas no vehículo foron determinantes, polo que aínda que a menor foi conducida ao próximo punto de atención continuada de Bertamiráns en parada cardiorrespiratoria, alí finalmente faleceu.

O Concello de Brión declarou dous días de loito oficial pola morte da nena e convocou un minuto de silencio en sinal de pesar. En declaracións aos medios este xoves, o alcalde da localidade, Pablo Lago, trasladou o seu "profundo pesar" polo suceso e chamou os veciños a participar no minuto de silencio que terá lugar o venres ás 12:00 horas diante do consistorio.

"Este é un concello pequeno, onde case nos coñecemos todos e esta noticia colleunos a todos a contra pé, é un día moi triste para nós", manifestou o alcalde, que asegurou que coñece persoalmente á familia e pediu non "afondar máis" no que pasou.

"Podíanos pasar a calquera, andamos todos a correr e sempre contra o reloxo e estas cousas para que pasen tense que dar un cúmulo de circunstancias moi grande pero, por desgraza, pasan", manifestou. 

A familia vive encima do negocio en que traballa o proxenitor. En 2023 no Porriño faleceu tamén un neno de dous anos por un golpe de calor cando a súa nai deixoullo esquecido no coche, en lugar de levalo á gardería, e foi traballar. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade