Investigan a morte dun menor de 14 anos que caeu dun terceiro andar en Ourense
Investigan a morte dun menor de 14 anos que caeu dun terceiro andar en Ourense
Segundo as primeiras investigacións, non hai indicios delituosos polo que todo apunta a que foi un accidente
Un rapaz de 14 anos faleceu en Ourense ao caer desde a fiestra do seu cuarto. Segundo as primeiras investigacións, non hai indicios delituosos, polo que todo apunta a que foi un accidente.
Un veciño atopou o menor tendido na beirarrúa, no barrio do Couto, arredor das dúas da tarde, aínda con vida. Os servizos de urxencia trasladárono ao hospital onde faleceu pouco despois debido ás lesións que presentaba.
Axentes da Policía Científica acudiron ao domicilio familiar para investigar o sucedido e constataron que o rapaz caera desde a ventá do seu cuarto, no terceiro andar.
🖤 Un suceso trágico conmueve,
— Gonzalo Pérez Jácome -Alcalde de Ourense- (@gonzalojacome) March 30, 2024
pero conmociona especialmente cuando se trata de un menor.
Lamentamos el fallecimiento este mediodia de un chiquillo, tras una caída de una vivienda en Ourense (causas aún por determinar).
Transmitimos las condolencias a su familia.
DEP.