Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a elevada mortaldade de marisco na praia da Canteira na Illa de Arousa

Investigan a elevada mortaldade de marisco na praia da Canteira na Illa de Arousa

As mariscadoras apuntan a unha vertedura como posible causa

G24.gal 11/07/2023 13:54

Preocupación entre as mariscadoras da Illa de Arousa pola aparición de gran cantidade de marisco morto nunha das praias onde traballan, a da Canteira. Á espera dos resultados das análises que realizan os técnicos do INTECMAR, as primeiras hipóteses apuntan a unha vertedura como a causa deste episodio.

A marea chea impedía esta mañá ver o manto de cunchas que apareceu na fin de semana no areal da Canteira. Si se aprecia nas fotos feitas polas mariscadoras da Illa. É a primeira vez que sucede algo así e supón un duro revés para a agrupación que integran unhas 200 mariscadoras.

O biólogo do pósito recolleu mostras que agora analizan no INTECMAR. Ata coñecer os resultados non poden volver sementar, pero as mariscadoras teñen as súas sospeitas.

Denuncian que nesta época cando aumenta a presenza de embarcacións de recreo, adoitan producirse verteduras e sentinazos por parte dalgúns irresponsables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade