Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigadores da USC avanzan nunha substancia para atallar a praga da rata toupa

Investigadores da USC avanzan nunha substancia para atallar a praga da rata toupa

O produto probouse con éxito no concello de Triacastela

A rata toupa provoca estragos nunha superficie de 8.000 hectáreas da montaña luguesa
G24.gal 06/05/2024 20:41 Última actualización 06/05/2024 20:56

A rata toupa leva anos provocando estragos nos pastos de oito concellos da montaña luguesa. Os danos para o sector agrogandeiro son cada vez maiores e hai xa 8.000 hectáreas afectadas.

Investigadores da Facultade de Veterinaria de Lugo traballan nunha solución para loitar contra a toupa creando unha substancia que busca estresalas para que non se reproduzan.

O produto probouse xa con éxito en Triacastela en épocas punta de reprodución. E semella que pode axudara frear esta praga devastadora. Sería unha grande alternativa fronte ao tradicional trampeo co que se loita contra esta especie.

Os investigadores agardan conseguir a colaboración necesaria para poder patentar esta substancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar