Publicador de contidos

Publicador de contidos

Noite de calor extrema con temperaturas que rondaron os 30 graos nas Rías Baixas

Noite de calor extrema con temperaturas que rondaron os 30 graos nas Rías Baixas

De madrugada os termómetros chegaron ata 30.03 graos en Baiona e e estiveron moi preto dos 30 en puntos das Rías Baixas e do interior da provincia de Pontevedra

G24.gal 04/07/2026 14:44

Por se a calor do día fora pouco o tan desexado refresco non chegou pola noite con temperaturas que mesmo rondaron os 30 graos en varios puntos das Rías Baixas e no interior de Pontevedra.

É o que se coñece como noites infernais, un fenómeno moi pouco común e menos ainda na nosa comunidade en que os termómetros se achegan aos 30 graos nas horas nocturnas.

A máxima desta noite rexistrouse en Baiona, ás 4.30 da madrugada chegaron aos 30.03 graos. Unhas temperaturas que fan que durmir sen axuda do aire acondicionado sexa practicamente misión imposible.

"Moitísima calor, de noite non se pode durmir é horrible a calor que vai."

"Foi unha noite dura. Ventanas abertas, correndo o pouco aire que había..."

"Si co aire acondicionado, si claro."

"Calorosa, moi calorosa e moi larga, porque a calor era bastante fuerte. E hoxe ten pinta de que vai volver ser así."

Unha noite tórrida que se podería repetir esta e as próximas madrugadas porque ainda nos toca sufrir uns días máis esta vaga de calor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade