Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense achégase aos 43 graos, nunha xornada de calor abafante

Ourense achégase aos 43 graos, nunha xornada de calor abafante

A Xunta ampliou para este sábado a alerta vermella a 158 concellos do interior e do litoral coruñes

Estableceu ademais o nivel laranxa no suroeste da Coruña, nas Rías Baixas e no Miño de Ourense e Pontevedra

A Coruña é un dos concellos en alerta vermella
G24.gal 04/07/2026 08:22 Última actualización 04/07/2026 20:13

As altas presións localizadas ao norte da Península Ibérica continúan a achegar masas de aire cálido procedentes do norte de África. Segundo os datos de MeteoGalicia, varias localidades das provincias de Pontevedra e Ourense superaron os 40 graos.

A cidade das Burgas, que chegou aos 42,6 °C pasadas as 18:30 horas, alcanzou a temperatura máxima. Salceda de Caselas e Arbo rexistraron 41,6 e Salvaterra do Miño 40,8.

Por mor desta vaga de calor, a Xunta ampliou a alerta vermella para este sábado a 158 concellos do litoral noroeste e do interior da Coruña; do centro, da montaña e do sur de Lugo; do interior de Pontevedra e da montaña de Ourense.

Ademais, estableceu o nivel laranxa por temperaturas moi altas no suroeste da Coruña, nas Rías Baixas e no Miño de Pontevedra e de Ourense. No oeste da Coruña e no noroeste e Valdeorras mantense o nivel amarelo.

Consulta os concellos en alerta vermella

A Xunta recomenda controlar o tempo de exposición ao sol, beber auga aínda sen ter sede, cubrir os ollos e a cabeza e usar protector solar. Do mesmo xeito, aconsella consultar a información sobre o impacto da calor na saúde da consellería de Sanidade. 

Ademais, a Secretaría Xeral para o Deporte determinou a suspensión da actividade deportiva federada no exterior nas zonas afectadas pola alerta vermella e a adaptación de horarios nas que se atopan en nivel laranxa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade