Cargando resultados...
Costa Rica comisa un alixo de cocaína líquida a bordo dun barco por primeira vez
A operación desenvolveuse en colaboración co servizo de intelixencia da Armada de Colombia
Detiveron os catro ocupantes do pesqueiro interceptado e comisaron 560 quilos de cocaína líquida e case 100 quilos de cocaína en po
G24.gal
04/07/2026 14:55
Última actualización 04/07/2026 19:13
O servizo de garda costas de Costa Rica comisou máis de 500 quilos de cocaína líquida nun pesqueiro.
Interceptárono a 300 quilómetros da costa da provincia de Puntarenas.
No barco tamén atoparon preto dun cento de paquetes de cocaína en po de aproximadamente un quilo cada un.
Unha operación sen precendentes en que colaborou o servizo de intelixencia da Armada de Colombia e que se saldou coa detención das catro persoas que ían a bordo do barco.